Que é unha Axenda Urbana e Rural?
Unha Axenda Urbana e Rural é un documento estratéxico, sen carácter normativo, e que trata de abandeirar unha nova visión do urbanismo. Persegue, polo tanto, a consecución de cidades, vilas e pobos sostibles, inclusivos, seguros e resilientes. Concíbese como unha folla de ruta aberta a continuas melloras e reformulacións que implica a todos os axentes, públicos e privados, que interveñen o territorio e buscan un desenvolvemento equitativo, xusto e sostible desde os seus distintos campos de actuación. A Axenda Urbana e Rural de Paradela debe dar resposta ás necesidades particulares do noso municipio, pero incluíndo os compromisos adoptados nas Axendas de carácter supramunicipal, que son:
A AXENDA URBANA E RURAL DE PARADELA
Modelo de referencia
Dos 121 municipios españois que elaborarán a súa Axenda Urbana para ser modelo de referencia, un é o Concello de Paradela. De feito, é o único municipio galego de menos de 5.000 habitantes que elaborará este documento.
Dinamizar e revitalizar
Isto é consecuencia da elaboración da “Estratexia de Revitalización Local (Plan de Acción de la Agenda 2030)” que permitiu ao noso concello colocarse como punto de referencia europeo, a través da recollida da nosa proposta no programa “Nueva Bauhaus Europea”. A nosa aposta por unha rexeneración na que se teña presente a contorna, o natural, un novo urbanismo sostible e un desenvolvemento de novos servizos para o rural do futuro permítenos contar con esta oportunidade para volver a ser referentes na xestión urbana-rural, tanto a nivel nacional como internacional, a través do Plan de Axendas Urbanas e a nosa intención de dinamizar e revitalizar a economía do noso concello.
Posta en valor
Isto último será posible grazas a posta en valor dos recursos de prestixio nacional e internacional coas que conta o noso concello, como o son o quilómetro 100 do Camiño de Santiago e a riqueza natural e económica que caracteriza a Ribeira Sacra, e o desenvolvemento do noso centro urbano, coa intención de fixar a poboación na nosa localidade.
Axenda Urbana
Este proxecto é financiado polos fondos Next Generation UE e polo plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia no marco da Axenda Urbana de España.