Proceso de elaboración

Unha Axenda Urbana e Rural debe concretar unha serie de liñas de actuación que rexerán o desenvolvemento futuro do municipio cara a sustentabilidade económica, social e medioambiental. Por iso, entre os meses de abril e setembro foi elaborado o Plan de Acción, o cal foi consensuado entre todos os actores implicados no desenvolvemento urbano, desde as Administracións Públicas ao sector privado, pasando polas Universidades e o mundo académico en xeral, involucrando ao terceiro sector e á sociedade civil.

Este proceso requiriu, en primeiro lugar, a elaboración dun diagnóstico de situación que identificase e analizase os principais retos que expoñen as políticas, plans, programas e actuacións con incidencia nos modelos urbanos. Pero a Axenda Urbana e Rural non se limitou a apuntar as problemáticas e retos, senón que tamén, nun segundo momento, foron propostos proxectos e accións concibidas baixo o prisma dos obxectivos estratéxicos que permitirán unha adecuada reorientación dos plans, programas, políticas e proxectos en marcha ou por desenvolver.

Participación e gobernanza

Unha Axenda Urbana e Rural é, ante todo, un documento estratéxico que atinxe a múltiples axentes do territorio: as diferentes administracións públicas, o ámbito empresarial e económico, o mundo académico e da investigación, o tecido asociativo e a sociedade civil en xeral.

É por iso que cobra especial relevancia a participación cidadá e a gobernanza tanto no proceso de elaboración da Axenda Urbana e Rural como na súa execución e seguimento. Así, a gobernanza xoga un papel esencial como garante de transparencia, a participación cidadá, o fortalecemento das capacidades locais e a apropiada colaboración e coordinación multinivel entre os distintos actores.

A execución e implementación da Axenda Urbana e Rural precisa dun goberno local capaz e comprometido cos obxectivos estratéxicos, que implique á cidadanía e reforce a confianza no sector público. Pero isto por si só non será suficiente se non se logra mobilizar ou dinamizar a participación activa dos actores locais non gubernamentais e dos axentes económicos e sociais. Por iso, tanto na execución como no seguimento da axenda, adquiren un papel fundamental a gobernanza e a participación cidadá.

Avogarase por unha gobernanza baseada nun modelo mixto público-privado e multinivel que procurará a implicación de todos os axentes do territorio, desde as diferentes Administracións Públicas ata as empresas privadas e profesionais autónomos, pasando polas entidades do tecido asociativo e a sociedade civil. Nesta execución e seguimento apostarase por métodos de proxección horizontal que favorezan unha gobernanza intelixente, eficaz e ética.

O Plan de Acción

Neste apartado podes consultar o Plan de Acción da Axenda Urbana e Rural, o cal consiste nunha folla de ruta a implantar durante os vindeiros anos e que deberá ser continuamente avaliado e revisado coa finalidade de adaptalo aos novos escenarios que vaian xurdindo.