Desenvolverase un proceso de participación pública de maneira transversal ao longo das distintas fases na elaboración da axenda. Este proceso de participación rexerase polos seguintes principios:
- Transparencia, procurando que a información sexa de carácter público e accesible á cidadanía.
- Un proceso integral, que combine as perspectivas social, económica e medioambiental.
- Diversidade e accesibilidade, procurando e potenciando a participación de todos os sectores da sociedade, con especial interese naqueles que habitualmente atopan maiores dificultades e barreiras para unha participación efectiva.
- A relevancia das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, apostando por múltiples ferramentas dixitais e os seus beneficios para o incentivo da participación.
- Linguaxe inclusiva, evitando expresións que invisibilicen e/ou estereotipen á muller ou outros colectivos vulnerabilizados.
- A redución da pegada ecolóxica, tendo en conta medidas como optimizar recursos non elaborando en formato físico materiais prescindibles ou facilitar desprazamentos en medios de transporte sostible
Na elaboración do Plan de Acción Piloto da Axenda Urbana e Rural de Paradela é chave a participación cidadá e a gobernanza, que se materializará mediante a celebración de mesas de traballo, entrevistas e unha enquisa online.
Este proceso de participación divídese en tres fases:
Participa na Enquisa!
A finalidade deste formulario é dobre: por unha banda, que a cidadanía ofreza a súa valoración sobre os principais desafíos e retos que debe afrontar o municipio nos próximos anos, e por outra, que achegue propostas e ideas sobre posibles solucións a adoptar ante as problemáticas detectadas.
Esta enquisa péchase o 19 de maio.