O Concello de Paradela vén de aprobar o seu proxecto de Axenda Urbana, converténdose no primeiro municipio galego de menos de 5.000 habitantes que conta con unha estratexia de planificación urbana na que se plasme a idea de impulsar o desenvolvemento sostible. Sendo isto posible tras a selección, por parte do Ministerio de Transportes Mobilidade e Axenda Urbana, da localidade lucense para a posta en marcha deste proxecto piloto das Axendas Urbanas. Nese sentido, no día xoves día 8 de setembro de 2022 ás 14:00  foi debatido e aprobado no Pleno Municipal de Paradela o documento da Axenda Urbana para a súa implementación no horizonte do 2030.

Con este documento conclúese a elaboración dunha planificación que leva en marcha dende comezos deste ano 2022. Nese período, púxose en marcha un proceso de diagnose na cal foron recollidas as diferentes necesidades e retos que Paradela debe afrontar no presente e no futuro, xunto coa elaboración dun Plan de Acción para afrontalas. Así, os proxectos recollidos, que poden ser revisados na páxina web do proxecto, pretenden atallar o envellecemento poboacional ofrecendo unha rede de servicios de calidade e afrontando a fenda dixital, desenvolver unha diversificación económica apostando polas enerxías renovables as novas tecnoloxías e turismo sostible a través do rico patrimonio natural, cultural e arquitectónico e impulsando a participación cidadá na toma de decisións.

O Plan de Acción é un documento público que pode ser consultado no seguinte enlace.

Categorías: Novas