Paradela será o único municipio galego de menos de 5.000 habitantes que conte coa súa Axenda Urbana e Rural

Dos máis de 120 municipios que elaborarán a súa Axenda Urbana no marco da convocatoria de axudas concedidas polo Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, un é o Concello de Paradela. De feito, trátase do único municipio galego de menos de 5.000 habitantes que elaborará este documento, que se pretende que sexa un modelo de referencia para que posteriormente outros municipios do conxunto do Estado redacten a súa Axenda.